¿Qué é « Moulin » ?

« Moulin » materializa o noso esforzo para intentar mellorar o acceso á informacion en xeral e aos documentos básicos de referencia, particularmente nos paises en vias de desenvolvemento. Para isto fixemos posible o acceso "sem conexion" a Wikipedia, a enciclopedia libre máis grande do mundo.

« Moulin » é uma versión sen conexion, completamente interactiva da Wikipedia (exceptuando as fotos) nun CD. Esta versión inicial en francés inclúe realmente toda a Wikipedia francofona: 404903 artigos, reunidos nun disco ISO 554 MBs.

¿Para qué?

A maioría da poboación nos países en vias de desenvolvemento, vive sen ter a posibilidade de acceder ás ferramentas básicas de referencia que poden ser utilizadas para enriquecer a vida de cada un. Polo prezo dun CD-ROM e o acceso a unha computadora, as vantaxes de Wikipedia poden, por fin, estar compartidas.

A nosa misión

A nosa misión principal con Moulin divídese en tres obxetivos :

  1. Seguir desenrolando e permitir o acceso sen conexion dunha versión de Moulin (actualizada a miudo) que pode ser compilada nun CD ou un DVD. Propomos unha versión francófona pero proxectamos versións en inglés, español, portugués, chinés e alemán.
  2. Asegurarse que Moulin sexa distribuido a xente vivindo nos países en vías de desenvolvemento e que non ten acceso a unha información e a unha documentacion de referencia que, nos paises desenvolvidos, parécenos adquirida.
  3. Desenvolver métodos pra axudar a facilitar contribucións a Wikipedia e á web por xente que non ten acceso a unha conexion a internet. Así, Moulin podería contribuír ao esforzo colectivo para completar Wikipedia a nivel mundial.

Estado actual do proxecto

Estamos pondo en circulación unha versión Beta de Moulin en francés. Comezamos o reparto cos nosos patrocinadores (socios) en Mali. Unha versión ISO de Moulin descargable esta dispoñible para os que teñen acceso a rede e que desexen gravar CDs. Non dubiden en descargar gratis esta primeira versión en francés .Alentámoslles a compartir e a distribuír.

¿Quenes somos?

O proxecto MoulinWiki foi iniciado por IESC-Geekcorps-Mali e sostido polos fondos de USAID.

A nosa primeira prioridade é pór en circulación a versión francofona para que sexa distribuida primeiro en Africa do Oeste, a rexion na que estamos implantados.

Estamos buscando patrocinadores que nos axuden a realizar este proxecto, e axudas puntuais de voluntarios de lingua española, portuguesa, alemá e chinesa que poidan axudarnos a preparar as outras versións de Moulin.